MIDA DEL TEXT
CONTRAST ALT (CLAR)
CONTRAST ALT (FOSC)
FONTS ACCESSIBLES
icon-git

GIT Galiza Norte y Asturias

NÓS SOMOS FIARE! INFORME XUNTANZA PERSOAS SOCIAS 16/04/16

O sábado 16 de abril celebramos un encontro de persoas socias do GIT Galiza Sur en Vigo. O labor do GIT neste período estivo moi centrada en crear a “comunidade de acción”, isto é, coordinar a oficina de Bilbao co territorio galego (organizar visitas de traballadoras ao territorio galego, apoiar a socias nos contactos cos servizos bancarios, supervisar o funcionamento e implantación da operativa na base social que nos corresponde…) e a coordinación e aprendizaxe cos demais territorios para acompasar e economizar os esforzos. Por isto, as actividades deste ano centráronse principalmente en eidos máis “internos” e traduciuse nunha presencia exterior menor (menos actos de difusión, actividades…). Por iso tiñamos especiais gañas dunha xuntanza deste tipo, xa que para o GIT é prioritario o contacto coas persoas socias e crear espazos de participación e expresión

AQUI ESTAMOS! : SITUACIÓN ACTUAL DE FIARE E RETOS

Comezamos as 11:00 a xornada cunha presentación da nosa coordinadora, Cachi, que agradeceu a asistencia das presentes (que sumamos un total de 40 asistentes!). Explicounos como está a medrar a nosa cooperativa. En persoas clientas, en préstamo e en microcréditos (un 6% máis en relación ao ano pasado). Comentounos que o balance sobre o funcionamento da coop. a día de hoxe é positivo. E que neste balance non só pesan criterios económicos, senón que unha parte fundamental é a parte social (crear emprego de calidade, repercusión medioambiental…) Lembrounos que o 21 de maio celebraremos a asemblea conxunta entre Madrid e Padova, na que escolleremos as persoas que conformarán o Consello de Administración da cooperativa. Por primeira vez, as persoas socias da nosa área, poderemos votar a distancia e irnos incorporando pouco a pouco ao funcionamento da nova cooperativa.

Diego, o secretario do noso GIT, comentou o momento actual e características da nosa operativa. Expúxonos o conxunto de servizos bancarios os que tivemos ou estamos tendo acceso ao longo deste período (conta corrente, domiciliación de recibos, transferencias, depósitos …etc). Informounos que para o uso dos caixeiros estase a negociar co Banco Cooperativo e caixas rurais. Neste momento, aínda que se está traballando, seguimos a non poder facer ingresos en efectivo nin domiciliar ingresos da Seguridade Social como son subsidios ou pensións.

Explicounos algúns dos problemas que se está a atopar a Area Fiare: Temos un volume grande de aforro pero poucas solicitudes de préstamo. Isto explícase pola lentitude na tramitación dos préstamos, que fai que as organizacións recorran a entidades máis áxiles, ou pola escasa presenza aínda do noso proxecto.

Outra cuestión comentada a raíz de intervencións, foi a limitación que as propostas da nosa Area poden ter dentro de Banca Populare Etica, xa que a nosa área somos só 1.429 socias dentro das 38.209 de toda a cooperativa.

Xosé Lois, o responsable das vogalías de Comunicación e Formación, explicou en que consisten as tarefas propias da vogalía de comunicación, e resaltou o papel fundamental que poden desempeñar as persoas socias nas redes sociais para a difusión do proxecto (facebook, twiter), engadindo seguidoras e compartindo novas. Tamén é preciso para dotar de contidos ao noso blogue, a colaboración en envío de informacións afíns ou a mesma elaboración destas. O seguimento das campañas que desenvolva a cooperativa, é tamén moi importante como apoio. Estase a tentar difundir Fiare nos grandes medios de comunicación con éxito diverso.

Respecto ao traballo da Vogalía de Formación, coméntanos que este está a ser escaso, pola dificultade de crear material axeitado debido a realidade cambiante da cooperativa e a que non se nos envían polo de agora materiais axeitados. Fronte a isto, a vogalía traballa nun grupo de formación estatal para elaborar materiais para os diversos eidos da cooperativa.

Finalmente, Sabela, a responsable da Vogalía de Participación, explicou un pouco o traballo que se fixo neste período de contacto coas persoas socias, físicas e xurídicas, para axudarlles a resolver dúbidas no acceso aos servizos bancarios (abrir conta corrente, mercar as accións da nova coop…). Neste período empregamos medios de contacto coas persoas socias máis directos e próximos, como son o wasap, sms, chamada telefónica…etc ademais do correo electrónico.

Aproveitamos esta xuntanza para consultarvos se queriades que seguiramos esta liña de contacto e a resposta case unánime foi que sí. Entendemos que este xeito de comunicación máis directo achega máis a cooperativa as persoas socias, que é o noso obxectivo fundamental.

No noso GIT a resposta de acceso aos servizos bancarios foi moi boa, e as socias apostan maioritariamente por seguir formando parte da coop. e empregar os seus servizos. Así, vimos que dun total de 203 persoas socias, 144 teñen conta xa aberta e 111 completaron o proceso de capitalización. Estando moitas outras con trámites xa iniciados. Seguimos pois, avantando!

PARTICIPÓDROMO: AXUDANOS A VISUALIZAR O FUTURO

Para ter o noso espazo de traballo conxunto, Manuel e Fran organizaron un “Participódromo”, no que todas as persoas socias puideron expresar de que xeito poden ou queren contribuír e participar en Fiare. Nesta dinámica moitas socias propuxeron contactos para difusión en centros educativos, grupos de consumo, colectivos, particulares en xeral… Axuda para contactar con medios de comunicación… dispoñibilidade simplemente para axudar en montaxe,infraestruturas…etc

Puidemos comprobar que participar en Fiare non require duns coñecementos ou capacidades determinados. Son tantos os ámbitos de traballo que se expuxeron, que nos quedou claro que toda persoa socia ten posibilidades de participar na cooperativa . Precisamos moitas mans!!

Tamén tivemos un espazo para o debate e expoñer inquedanzas. Quedou patente a preocupación entre as persoas socias da necesidade de que máis organizacións nos teñan en conta nas solicitudes de préstamo. Noutras organizacións como Coop 57 están tendo os mesmos problemas. Fronte a isto xurdiron diversas propostas: a posibilidade de asesorar ás organizacións sobre como solicitar os préstamos, mellor comunicación con redes de organizacións, mellorar axilidade e condicións de préstamos…etc.

TRABALLAR XUNTAS – SOCIAS EN REDE

Fiare está composta por moitas organizacións diferentes como socias. Esta é unha das grandes riquezas do noso banco. En Italia, están empregando unha liña de traballo que lle chaman “socias en rede”, que consiste en dar a coñecer organizacións compañeiras para cooperacións, apoio e traballo conxunto entre as socias. Gustounos moito esta idea e pareceunos que esta xuntanza era un lugar ideal para comezar a desenrolar esta rede de coñecemento e colaboración. Nesta xornada foron 4 as organizacións socias que expuxeron o seu traballo:

Arela: Asociación que ten como misión o desenvolvemento integral da infancia e da mocidade de Galicia, en situación de desprotección e/ou conflito social.

Comunidade de montes de Couso: Comunidade de montes que está a desenvolver moitos proxectos para poñer en valor o monte, conservalo e crear emprego.

Abertal: Asociación salesiana que ten por finalidade xeral a de contribuír no tempo libre á educación e promoción integral da infancia e a mocidade.

Amarante: Organización galega de solidariedade para o ecodesenvolvemento, que traballa pola superación do capitalismo global cara á xustiza social.

Con tan bo resultado, agardamos seguir esta liña de traballo en vindeiras asembleas!

TI O FIXECHES POSIBLE! – PROXECTO FINANCIADO POR FIARE

Finalmente, non podiamos ter mellor peche de asemblea que a presentación de “A tenda da Gata”, tenda de consumo responsable, un proxecto financiado por Fiare en Pontevedra. Explicounos como traballa na venda e catering con produtos galegos e ecolóxicos e na potenciación do comercio local e de proximidade. Un proxecto ilusionante que puidemos desfrutar tamén ao remate da xuntanza con un catering que Yolanda nos preparou cos seus produtos. Na liña que comentamos, dende Fiare, ademais do económico, queremos ofrecer apoio e difusión aos proxectos que financiamos, xa que é a mellor maneira de que prosperen e axuden nese cambio social que queremos promover.

Finalizamos a xuntanza, como facemos habitualmente, cun xantar compartido no que puidemos estreitar lazos e compartir impresións e opinións nun entorno informal e distendido. Sempre terá para nós un protagonismo importante o crear eses espazos para coñecernos. Sen máis, agardamos contar contigo en vindeiras xuntanzas tan intensas e enriquecedoras coma esta!! a vindeira ocasión será a asemblea de Madrid do 21 de maio!!

Pot ser que també t'interessi

Finances ètiques

Viatge a Nàpols: llavors contra la mafia

Publicat el dia:
11/07/2024

Finances ètiques

+ETICALL Summer School: Una Expèriencia Transformadora

Publicat el dia:
08/07/2024

Finances ètiques

Consells de ciberseguretat per a evitar les estafes online

Publicat el dia:
02/07/2024

Històries d'impacte positiu

Viatja amb turisme responsable aquest estiu

Publicat el dia:
03/06/2024

Històries d'impacte positiu

Lanagro: treball digne i estable en el sector agrícola

Publicat el dia:
27/05/2024

Finances ètiques

Més de 59 milions en préstecs a l’economia social

Publicat el dia:
29/04/2024

GIT Galiza Norte y Asturias

Feliz 2021

Publicat el dia:
06/01/2021

GIT Galiza Norte y Asturias

Felices festas!

Publicat el dia:
27/12/2018

GIT Galiza Norte y Asturias

Campaña por unha economía crítica e plural. En contra do EFEC

Publicat el dia:
18/05/2016

GIT Galiza Norte y Asturias

NÓS SOMOS FIARE! INFORME XUNTANZA PERSOAS SOCIAS 16/04/16

Publicat el dia:
04/05/2016

GIT Galiza Norte y Asturias

Fiare participa nunha mesa redonda de iniciativas de finanzas éticas en Vigo

Publicat el dia:
05/04/2016

GIT Galiza Norte y Asturias

Collendo forzas para o 2016!!!

Publicat el dia:
06/01/2016

GIT Galiza Norte y Asturias

Bico de grao, ilusión a granel

Publicat el dia:
06/01/2016

GIT Galiza Norte y Asturias

O 2016, un ano para as finanzas éticas!

Publicat el dia:
03/01/2016