O Código Ético
O Código Ético é un contrato social coas persoas implicadas en Banca Etica. Define a ética coa que se desenvolve o banco, establecendo criterios de igualdade e xustiza, valores de referencia, principios xerais e pautas que o banco adopta nas súas relacións coas persoas ou entidades interesadas.
Inspirados no Estatuto, o Manifesto das Finanzas Éticas e o Manifesto de Banca Etica, os valores identifícanse e enúncianse de maneira clara e precisa:
- centralidade da persoa, como vínculo fundamental da acción de Banca Etica, que recoñece, respecta e tutela a persoa;
- igualdade, que se concreta nunha xusta repartición da riqueza e os recursos;
- responsabilidade, como atención constante ás consecuencias non-económicas das accións económicas, é dicir, ás repercusións sociais e ambientais da actividade financeira;
- transparencia, como estilo que caracteriza as relacións e a comunicación de Banca Etica coas persoas interesadas;
- cooperación, como consciencia de que o ben común só pode ser atinxido grazas ao compromiso de todas;
- solidariedade, como a capacidade de captar as inquedanzas das persoas que están nunha situación desfavorecida e como compromiso para atopar solucións de interese común, en beneficio das máis necesitadas;
- participación, como recoñecemento do dereito das socias, colaboradoras e aforradoras na toma de decisións;
- sobriedade, como estilo de vida baseado en diminuír o consumo de mercadorías e recursos, e orientado a satisfacer requisitos fundamentais das persoas;
- eficiencia e eficacia, como uso óptimo dos recursos para ofrecer o maior beneficio a todas as interesadas á hora de perseguir os obxectivos declarados;
o Código Ético, aprobado en 2010 pola Asemblea de Persoas Socias, converteuse nunha norma de referencia para administradores, para todos aqueles que traballan en nome e por conta do banco e para todas as persoas interesadas.
Para verificar a aplicación, creouse un comité específico denominado Organismo de Vixilancia.