O pasado 4 de abril, o equipo profesional e as persoas e entidades socias do banco reuníronse para coñecer de primeira man as novas instalacións do banco, que proximamente abrirán as súas portas en Bilbao.
Durante o encontro contamos coa visita de Anna Fasano, presidenta do grupo Banca Etica, quen concluirá o seu mandato o vindeiro 17 de maio, no marco da Asemblea 2025. A súa presenza en Bilbao tivo un carácter especialmente emotivo, xa que serviu como despedida ante as persoas e entidades presentes.
A nova oficina, situada na rúa Simón Bolívar, nº 8, que abrirá a finais de maio, reunirá nun mesmo espazo a todas as persoas traballadoras do territorio.

Esta sede representa unha nova etapa para o banco, abríndose a novos sectores e entidades cunha imaxe renovada. Ademais, compartiremos edificio con EDE Fundazioa, unha organización comprometida coa xeración de cambios inclusivos e sustentables a través da intervención directa e o desenvolvemento de proxectos vinculados á economía social e ao emprego inclusivo. Esta colaboración contribuirá a crear un ecosistema baseado en valores compartidos, desde distintos ámbitos de actuación.
A Economía Social consolídase: Fiare entre as empresas máis relevantes do sector
25.02.2026
Asemblea de persoas socias en Vigo: alén dunha asemblea
23.02.2026
Cando a economía se constrúe desde o territorio
20.02.2026
Fiare Banca Etica e Coop57 cofinancian a compra da sede do Grup ECOS
03.02.2026
O papel das finanzas na construción da paz
29.01.2026
Cando a banca ética se converte en fogar: unha ruta pola Barcelona que xa está cambiando as regras
28.01.2026