En Europa e no mundo | Fiare Banca Etica

En Europa e no mundo

Fiare Banca Etica desenvolveu relacións con outros institutos e organizacións de varios países europeos (e non só), que comparten o compromiso para a construción dunhas finanzas éticas e dunha economía solidaria ao servizo dun desenvolvemento humano, social e ambiental sostible.

A Sefea (Sociedade Europea de Finanzas Éticas e Alternativas) únense importantes colaboracións e asociacións coa Global Alliance on Banking Values y Febea.


GLOBAL ALLIANCE FOR BANKING ON VALUES

A Global Alliance for Banking on Values (GABV, Alianza Global por unha Banca con Valores) é unha rede independente composta polos principais bancos que, en todo o mundo, operan inspirándose nos principios das finanzas éticas.

Nada en 2009, conta hoxe con 19 bancos adherentes que operan en 24 países.
A GABV proponse como conxunto de bancos que constitúen unha alternativa crible ao actual sistema financeiro, que provocou a crise que estamos a vivir.

Cada banco adherente á GABV é único, pero todos comparten o compromiso de utilizar o diñeiro depositado polos aforradores en beneficio das persoas e do medio ambiente. As decisións de negocio tómanse, en primeiro lugar, para dar resposta ás necesidades humanas esenciais e, despois, estimando como satisfacer ditas esixencias de xeito financeiramente sostible.

Estes son algúns dos bancos que forman parte da GABV: Affinity Credit Union (Canadá), Alternative Bank Shweitz AG (Suíza), Assiniboine Credit Union (Canadá), Banca Popolare Etica (Italia e España), Banco Sol (Bolivia), Bankmecu Responsible Banking (Australia), Brac Bank (Bangladesh), Cultura Bank (Noruega), First Green Bank (Estados Unidos), Gls Bank (Alemaña).

www.gabv.org


FEBEA

FEBEA (a Federación Europea de Bancos Éticos e Alternativos) é unha organización belga sen ánimo de lucro constituída en 2001 por Banca Etica xunto a Crédit Coopératif e Caisse Solidaire du Nord Pas-de-Calais (Francia), Crédal e Hefboom (Bélxica) e TISE (Polonia) para o desenvolvemento das finanzas éticas e xustas en Europa. Na actualidade abrangue nove bancos, seis cooperativas financeiras, cinco sociedades de investimento e tres fundacións. É un lugar de intercambio de experiencias e boas prácticas. Mais, ante todo, crea os instrumentos financeiros de soporte das institucións existentes e que se están a constituír no eido das finanzas alternativas a través de tres instrumentos principais: o fondo de garantía «Garantie Solidaire» e o fondo de investimento «Choix Solidaire» manexados por Crédit Coopératif; e a sociedade financeira SEFEA.

www.febea.org

Preto de Fiare, preto de ti.