Como podemos poñer o noso diñeiro ao servizo da xustiza global? O próximo 24 de xaneiro agardámoste para reflexionar sobre o papel das finanzas na construción da paz e a solidariedade internacional.
O contexto global actual interpélanos máis ca nunca a revisar onde están os nosos aforros e que estruturas estamos financiando. Por iso, desde Fiare Banca Etica, invitámosvos ao evento “finanzas pola Paz”, un espazo de debate e análise sobre o papel do sector financeiro nos conflitos armados e as alternativas existentes desde a economía social e solidaria.
O acto terá lugar o próximo 24 de xaneiro a partir das 12:00 h en Bloc 4 (Barcelona).
Un debate con voces expertas
Contaremos cunha mesa redonda de luxo para analizarmos a situación actual desde diferentes perspectivas: o activismo, a investigación e o investimento de impacto.
Coa participación de:
- Tai Bonato: xestora de investimentos de CreSud (entidade de microfinanzas do Grupo Banca Etica).
- Jordi Calvo: coordinador e investigador do Centre Delàs d ‘Estudis per la Pau.
- Ada Colau: exalcaldesa de Barcelona e membro da Flotilla da Liberdade.
A sesión será dinamizada e moderada por:
- Laia Soldevila: xornalista e editora de Crític.
Detalles do evento
- Data: 24 de xaneiro de 2026.
- Hora: 12:00 h.
- Lugar: Bloc 4 (Carrer de la Constitució, 19, Barcelona).
- Entrada: libre
Esperámosvos!

A Economía Social consolídase: Fiare entre as empresas máis relevantes do sector
25.02.2026
Asemblea de persoas socias en Vigo: alén dunha asemblea
23.02.2026
Cando a economía se constrúe desde o territorio
20.02.2026
Fiare Banca Etica e Coop57 cofinancian a compra da sede do Grup ECOS
03.02.2026
O papel das finanzas na construción da paz
29.01.2026
Cando a banca ética se converte en fogar: unha ruta pola Barcelona que xa está cambiando as regras
28.01.2026