Na pasada asemblea do 17 de maio presentábase un reto maiúsculo para a nosa base social. Demostrar a capacidade de mobilización dos Grupos territoriais de persoas socias (GITS) e a de alcanzar unha participación alta nunha asemblea electiva ao consello de administración con cambio de presidenta, con dúas listaxes enfrontadas con propostas e modelos de banco distintos.

Todas as asembleas son importantes, pero momentos coma estes poñen a proba máis que nunca a vixencia e validez do modelo participativo do noso banco e o noso sistema de Portadores de Valor.

Tomando como referencia a última asemblea de 2022, marcaramos como obxectivo en Fiare Banca Etica polo menos igualar o 26% de participación daquela asemblea, un resultado que sen dúbida sería sobresaliente.

Pois ben, a intensísima mobilización da nosa base social, resultou nunha porcentaxe 14 puntos por encima da asemblea de 2022, rozando o 40% de participación, con récord absoluto de votos e récord en porcentaxe de participación desde o actual sistema de cómputo. Tamén todas as zonas de Fiare Banca Etica superaron amplamente os seus rexistros históricos de participación, e máis da metade dos GITS superaron o 50% de participación, chegando algúns a cifras absolutamente extraordinarias, superiores ao 70% da súa circunscrición.
Los resultados analíticos de la Asamblea están disponibles en la página web. Se registró una participación récord con 7.055 votantes. De ellos, 5.540 votaron desde Italia, 1.502 desde España y 13 desde otros países.

Alguén dixera antes das eleccións que á base social de Fiare Banca Etica lle faltaba vitalidade. A resposta foi contundente. Os GITS volvérono facer, e demostraron a fortaleza do noso modelo participativo, que continúa estando máis vivo que nunca. Non hai palabras para agradecermos o esforzo realizado. Moitas grazas!

Comezar de cero non significa estar só
09.04.2026
Por que unhas historias chegan ao cine… e outras non?
20.03.2026
Alén do ladrillo: construído o dereito á vivenda no século XXI
19.03.2026
Como Una Cabra: emprendemento feminino que sostén o medio rural
10.03.2026
A paz é a única inversión posible: a elección do Grupo Banca Etica
09.03.2026
Finanzas feministas: un camiño colectivo para poñer a vida no centro
05.03.2026