MIFID
Esta páxina ilustra as novas normativas sobre os servizos de investimento. Trátase de información que che será útil para seguir con atención, e tamén con confianza, a relación que tes con Banca Popolare Etica e co sector financeiro en xeral.
O 1 de novembro de 2007 entrou en vigor en todos os países membros da Unión Europea e, polo tanto, tamén en Italia, unha nova normativa sobre os servizos de investimento, denominada MiFID (Directiva relativa aos mercados de instrumentos financeiros, polas súas siglas en inglés), que ten como obxectivo garantir unha maior integración e transparencia dos mercados europeos e unha maior tutela dos/as aforradores/as.
As principais novidades desta normativa implicarán algúns cambios no funcionamento e na relación entre o banco e o/a cliente/a.
A MiFID obriga aos bancos a clasificar aos/ás seus/súas clientes/as, tendo en conta certas características, nunha das seguintes tres categorías:
- Clientes/as polo miúdo
- Clientes/as profesionais
- Contrapartes cualificadas
A cada unha destas categorías outorgáselle un nivel distinto de protección que se reflicte en particular nas obrigas que cada banco ten que respectar.
Á categoría «cliente/a polo miúdo» reserváselle a máxima tutela respecto de:
- a amplitude da información que o banco está obrigado a facilitar,
- as comprobacións da «idoneidade» e da «adecuación» dos servizos solicitados ou ofrecidos e das operacións realizadas.
Respecto da información, esta alude:
- ao banco e os servizos prestados;
- ao tipo e aos riscos dos instrumentos financeiros ofrecidos;
- ás medidas realizadas para salvagardar os instrumentos financeiros ou os fondos da clientela;
- aos custos e ás cargas relacionados cos instrumentos financeiros ou os servizos prestados;
- á existencia e aos termos dos posibles dereitos de garantía ou privilexios que o banco posúe ou podería posuír sobre as ferramentas financeiras ou os fondos de clientes, ou de posibles dereitos de compensación que o banco posúe respecto destes;
- á xestión dos conflitos de intereses respecto do banco;
- á política de incentivos adoptada polo banco;
- á política de transmisión das ordes adoptada polo banco e á política de execución adoptada polo intermediario seleccionado polo banco para actuar nos mercados.
Respecto das comprobacións da idoneidade e adecuación dos servizos solicitados ou ofrecidos e das operacións realizadas, o banco está obrigado a solicitar aos/ás seus/súas clientes/as información sobre:
- os seus coñecementos e a súa experiencia en materia de investimentos en instrumentos financeiros;
- a súa situación financeira;
- os seus obxectivos de investimento.
A información á que fai referencia o punto 1 sírvelle ao banco para poder avaliar se o instrumento financeiro proposto ou solicitado é apropiado para o/a cliente/a. A adquisición por parte do banco da información á que fan referencia os puntos 2 e 3 é necesaria para que o/a cliente/a poida gozar do servizo de asesoramento en materia de investimentos que o banco pode prestar.