Asemblea de persoas socias
ASEMBLEA ESPECIAL 2017
A Asemblea de persoas socias de Banca Etica celebrarase o 13 de maio de 2017 en España en Santiago de Compostela - Pazo de Congresos e Exposicións de Galicia, (Miguel Hierro Caaveiro s/n - San Lázaro) e en Turín, na sede do Grupo Abele - Recuperación Industrial (ex FIAT) en Corso Trapani, 95.
Toda a información para participar, tamén en liña, atoparala en http://partecipazione.bancaetica.it/es
_________________________________________________________________________________
A Asemblea de Persoas Socias é o órgano soberano de Banca Etica e está aberta a todas as persoas socias que leven inscritas un mínimo de noventa días.
En Banca Etica rexe o principio do voto individual «unha persoa socia, un voto»: cada persoa socia ten dereito a un único voto, con independencia do número de accións subscritas.
A Asemblea de Persoas Socias reúnese en convocatoria ordinaria cando menos unha vez ao ano, aínda que ocasionalmente se pode celebrar unha convocatoria extraordinaria.
Consonte o establecido nos Estatutos:
- a Asemblea é a que aproba o balance e decide o destino dos beneficios;
- nomea os/as Administradores/as e os/as Conselleiros/as e procede á súa revogación;
- contrata, previa consulta á Xunta de Revisión, unha Sociedade Auditora á que confiará o control contable, así como procede á súa revogación;
- determina o montante da remuneración que corresponderá aos/ás Administradores/as e á Sociedade Auditora encargada do control contable;
- determina o montante da remuneración que corresponderá aos/ás Conselleiros/as consonte o previsto no artigo 41;
- aproba a política de remuneracións, así como os posibles plans de remuneración baseados en instrumentos financeiros para os/as Administradores/as —incluídos/as aqueles/as que ostenten cargos especiais—, os empregados/as ou os/as colaboradores/as non ligados á sociedade de relacións laborais dependentes.
As modalidades nas que se pode desenvolver a Asemblea están definidas no Regulamento da Asemblea.