TAMAÑO DO TEXTO
ALTO CONTRASTE (LUZ)
ALTO CONTRASTE (ESCURO)
FONTES ACCESIBLES

Depósitos a prazo
12 meses

Produto e prazo: depósito a 12 meses a taxa de xuro.

DuraciónTAETIN
12 meses1,653 %1,903 %*
(Euribor – 1,80 puntos porcentuais)
*Exemplo con taxa de xuro a 04/05/2024

Condicións para contratar o depósito:

O depósito pódeno contratar as persoas clientas ou socias con conta corrente. No caso de non ser clienta, é obrigatorio contratar unha conta corrente na entidade.

Exemplo representativo para unha persoa xurídica socia con Conta Corrente: para un importe de 10.000 €, a unha TAE de 1,653 %, (TIN de 1,903 %), percíbese unha remuneración total de 165,30 € no suposto de que se manteña o importe total durante 12 meses. Esta remuneración obtense do cálculo do total de xuros (TIN) devindicados no período de referencia, menos o custo anual da conta corrente para persoas xurídicas socias, que ascende a 25 €.*

* Consulta os beneficios por un maior número de apuntes en conta anuais.

Remuneración do depósito para a/o titular:

A respecto do cálculo da TAE, considérase que o índice de referencia (o último Euribor publicado no BOE para toda a vida do depósito) se mantén fixo até o vencemento da operación e que os xuros se liquidan ao finalizar o prazo do depósito. Ademais, considérase o custo anual da conta corrente para persoas xurídicas socias, que se resta do total de xuros devindicados (TIN).

Para levar a cabo o cálculo do TIN, tómase o último Euribor 12 meses publicado no BOE, neste caso o día 4 de maio de 2024, que era do 3,703 % menos 1,8 puntos porcentuais. Polo tanto, o TIN toma como referencia unha taxa de xuro fixa.

A comisión por cancelación anticipada será do 0,25 %, cun mínimo de 25 € e un máximo de 250 € (sen que poida superar os xuros devindicados no período).

A información resaltada en grosa é especialmente relevante.

Todas as tarifas

Coñece as condicións completas de todos os produtos.

Precisas máis información?

Contacta connosco.

Contacta connosco

Inicia o chat para falar cun dos nosos operadores

Queres saber máis?

Consulta as nosas preguntas frecuentes

Os nosos principios

Queremos mudar as regras do mercado financeiro a través da transparencia e a responsabilidade social