Depósitos a prazo
Microfides – 60 meses
A información que se salienta en negriña é especialmente relevante.
Produto e prazo: depósito a 60 meses a tipo de xuro fixo.
TAE 0,8%.

| Duración | TAE | TIN |
|---|---|---|
| 60 meses | 0,8% | 1,05% |
De querer utilizar os teus aforros para colaborar con países do sur, este depósito facilita que Microfides traballe con organizacións presentes en África e América Central para o empoderamento das mulleres nas súas localidades. Coñece máis detalladamente os proxectos e as súas beneficiarias en https://microfides.com/
Condicións para contratar o depósito:
O Depósito Microfides pódeno contratar as persoas clientes e/ou socias con conta corrente. No caso de non ser cliente, é obrigatorio contratar unha conta corrente na entidade.
Exemplo representativo para unha persoa xurídica socia con conta corrente: para un importe de 10.000 €, a unha TAE do 0,8% (TXN DO 1,05%), percibirase unha remuneración de 400 € no suposto de manter o importe total durante 60 meses. Esta remuneración obtense do cálculo do total dos xuros (TXN) devindicados no período de referencia, menos o custo anual da conta corrente para persoas xurídicas socias, que ascende a 25 € anuais.
Remuneración do depósito para a/o titular:
Para o cálculo da TAE, tense en conta o tipo de xuro (TXN), que é fixo, e polo tanto mantense ata o vencemento da operación e que os xuros se liquidan cando remata o prazo do depósito. Ademais, tense en conta o custo anual da conta corrente para persoas xurídicas socias, que se resta do total de xuros devindicados.
A comisión por cancelación anticipada será do 0,25%, mínimo 25 €, e máximo 250 € (sen que poida superar os xuros devindicados no período).
Preme aquí para ler as condicións completas de todos os produtos
Necesitas máis información? Contacta con nós.