Perfil institucional | Fiare Banca Etica

Perfil institucional

Somos un banco nas mans da cidadanía organizada, constituído como sociedade cooperativa por accións, que actualmente opera en territorio italiano e español, co obxectivo de fomentar a cooperación e a solidariedade.

O Estatuto, máis aló da súa conformidade coa lei, presenta algunhas peculiaridades que marcan a especificidade de Fiare Banca Etica desde a súa acta fundacional.
A ampla e potente participación das persoas socias no capital social do banco e os procesos de decisión democráticos propios da nosa Asemblea contribuíron a desenvolver unha estrutura organizativa orixinal que se expresa na integración da estrutura asociativa (baseada en 5 áreas territoriais) coa estrutura operativa (composta por Filiais, Banqueiros/as Ambulantes e a Sede Central).

OS ÓRGANOS

Asemblea Xeral
Consello de Administración
Presidencia
Comité Executivo
Comité Ético
Xunta de Revisión
Comité de Arbitraxe
Comité de partes vencelladas

A ORGANIZACIÓN TERRITORIAL DAS PERSOAS SOCIAS

Fórum de Área
Circunscricións e Grupos de Iniciativa Territorial (GIT)

A ESTRUTURA ORGANIZATIVA

Dirección Xeral
Organigrama
Rede de Fiare Banca Etica

Preto de Fiare, preto de ti.