Hai uns meses, o Papa Francisco recibiu en audiencia a representantes da banca ética e cooperativa europea, incluíndo a persoas socias e traballadoras de Fiare Banca Etica.
Durante o encontro, o Pontífice subliñou a importancia de construír un sistema financeiro inclusivo e transparente, ao servizo do desenvolvemento humano integral. Criticou as prácticas financeiras que priorizan exclusivamente o beneficio, afirmando que “cando as finanzas pisan ás persoas, fomentan desigualdades e distáncianse da vida dos territorios, traizoan o seu propósito”.
Esta mensaxe resoa especialmente nun contexto global onde se debate a inclusión de investimentos en armamento dentro das finanzas sustentables. As institucións de finanzas éticas, comprometidas coa promoción dos dereitos humanos e o coidado do medio ambiente, rexeitan estas tendencias e avogan por unha economía de paz.

O legado do Papa Francisco neste ámbito é profundo. Dende a súa encíclica Laudato Si’ ata os seus discursos máis recentes xusto antes da súa morte, avogou por unha economía que priorice a dignidade humana e o ben común sobre o lucro desmedido. O seu chamamento ás institucións financeiras a ser “portadoras de esperanza” e a evitar “actitudes usurarias” que acentúan a desigualdade, seguirán sendo unha guía para quen busca unha economía máis xusta e solidaria.
Comezar de cero non significa estar só
09.04.2026
Por que unhas historias chegan ao cine… e outras non?
20.03.2026
Alén do ladrillo: construído o dereito á vivenda no século XXI
19.03.2026
Como Una Cabra: emprendemento feminino que sostén o medio rural
10.03.2026
A paz é a única inversión posible: a elección do Grupo Banca Etica
09.03.2026
Finanzas feministas: un camiño colectivo para poñer a vida no centro
05.03.2026