TAMAÑO DO TEXTO
ALTO CONTRASTE (LUZ)
ALTO CONTRASTE (ESCURO)
FONTES ACCESIBLES
Ética e cooperativa

Participación e gobernanza

O relevo xeracional, condición de futuro das finanzas éticas

O relevo xeracional, condición de futuro das finanzas éticas

O relevo xeracional, condición de futuro das finanzas éticas

María Elejalde, técnica de FEBEA e membro do grupo de JxFiare


Quen van ser as persoas que sosteñan as entidades de finanzas éticas dentro de 30 anos? Quen serán as súas socias, as súas traballadoras e os seus membros nas xuntas directivas? Compartirán a misión e a visión coas persoas que fundaron inicialmente estas organizacións?

A incerteza que plantexaba a resposta a estas preguntas puxo sobre a mesa un reto que as entidades de finanzas éticas europeas non poden ignorar: o relevo xeracional. Todo comezou nunha oficina de Barcelona, onde esta cuestión xa se plantexou en 2019. As accións postas en marcha para abordala deron lugar a un grupo de mozos e mozas vinculados ao banco ético e cooperativo Fiare Banca Etica, que vían nas finanzas éticas unha ferramenta de transformación capaz de dar resposta ás súas inquietudes políticas, ecolóxicas e sociais.

FEBEA_Venezia-26

Unha experiencia que nace dende a base

Daquel impulso xurdiu en España un movemento de mocidade desde a base social de Fiare Banca Etica, o grupo “Jóvenes por Fiare”, que tan natural resulta a súa presenza hoxe en día, soamente uns anos despois da súa creación, nos espazos de participación do banco. Non se trataba só de achegar novas persoas á organización, senón de crear un espazo propio de participación, formación e acción colectiva arredor do diñeiro, a economía e o cambio social desde o que os mozos e mozas desexasen implicarse. A experiencia consolidouse con actividades como presentacións, obradoiros, encontros e proxectos de educación financeira.

O modelo funcionou tan ben que se replicou en Italia baixo o nome de GenEtica, tamén co impulso e o acompañamento de Banca Etica. Nado en 2024, GenEtica reúne igual que o seu precursor a mozos e mozas socios, socias ou clientes de menos de 35 anos que queren promover unha economía máis responsable a través da proposta das finanzas éticas.

FEBEA x JxFiare

Un reto estrutural, non anecdótico

Outras entidades financeiras éticas agrupadas en FEBEA, a Federación Europea de Bancos Éticos e Alternativos, enfróntanse a dificultades parecidas. Non é un problema puntual nin exclusivo dunha organización: afecta á propia natureza das entidades cooperativas e éticas.

Os bancos cooperativos non dependen unicamente de vender produtos ou captar clientela. A súa existencia apóase nunha base social activa, comprometida e capaz de renovarse. Sen socias e socios, sen persoas que participen, controlen e mezan a entidade, estas organizacións perden boa parte da súa razón de ser. Por iso, se se considera que este modelo é o correcto, o reto non consiste só en atraer mocidade como clientela, senón en comprender e eliminar as barreiras que impiden que esa base social se renove.

De España e Italia a Europa

FEBEA, que observa esta realidade desde unha perspectiva europea, identificou o relevo xeracional como un problema recorrente entre as entidades financeiras éticas e cooperativas que a forman. Por iso decidiu abordalo desde o ámbito europeo, recollendo o testemuño de casos de éxito como “Jóvenes x Fiare” e “GenEtica”.

A pregunta era sinxela: se crear espazos de participación e autoxestión para a mocidade, amparados na mensaxe e na loita das finanzas éticas, funcionou en España e Italia, por que non podería funcionar noutros países? Por que non podería funcionar a escala europea?

Así nace EYEF (European Youth for Ethical Finance): un grupo de participación e adhesión voluntaria de mozos e mozas europeos que promove as finanzas éticas nos espazos de mocidade europeos e axuda ás entidades socias de FEBEA a responder ao reto do relevo xeracional.

Unha rede europea en construción

Na actualidade, “EYEF” conta con arredor de 35 participantes de cinco países, vinculados a 16 entidades distintas, das cales nove son membros de FEBEA. O grupo celebrou tres encontros a nivel europeo e traballa para consolidarse como unha rede estable, con unha folla de ruta propia e capacidade para desenvolver proxectos conxuntos.

O seu traballo articúlase en varias liñas:

  • Amplificar o coñecemento, tanto interno como externo, sobre as finanzas, as finanzas éticas, o uso do diñeiro e a política europea.
  • Dar voz á mocidade no debate político europeo arredor das finanzas éticas, a economía social e a transición xusta.
  • Crear alianzas con outras entidades do ecosistema da economía social, o cooperativismo, a mocidade, a democracia e a resposta ao reto climático.
  • Axudar ás entidades membros de FEBEA a identificar as barreiras que dificultan a participación das persoas mozas nas súas institucións.
FEBEA x JxFiare

Inverter en quen virá

O relevo xeracional non é un asunto de imaxe nin unha tarefa de márketing. É unha condición de supervivencia para un modelo financeiro que se sostén sobre a participación, a confianza e a propiedade colectiva. As experiencias de “Jóvenes x Fiare”, “GenEtica” e “EYEF” demostran que, cando se ofrecen espazos reais de decisión, aprendizaxe e acción, as novas xeracións non só se achegan ás finanzas éticas: poden converterse en protagonistas do seu futuro.

A pregunta coa que empezaba este artigo segue sendo necesaria. Pero hoxe existe tamén unha resposta en marcha: construír, desde a base e con perspectiva europea, as persoas, as redes e os espazos que sosteñan as finanzas éticas durante as vindeiras décadas.


Se queres contactar con EYEF por favor escribe a esta dirección de correo electrónico: eyef@febea.org