As finanzas non son neutras: cada euro depositado nunha entidade bancaria ten un impacto directo na sociedade e no planeta. Así o volve certificar a edición 2026 do Barómetro das Finanzas Éticas, elaborado polo Observatorio das Finanzas Éticas de FETS (Finançament Ètic i Solidari). O informe, que analiza os datos correspondentes a 2025 de 33 entidades do sector (bancos —entre eles Fiare—, entidades financeiras non bancarias, aseguradoras e corredurías), debuxa un panorama de consolidación, solidez e crecemento dun modelo financeiro alternativo que demostra día a día que outra forma de xestionar o diñeiro é posíble e necesaria.

Instalación fotovoltaica no tellado de equipamento municipal de “Balenyà./Balenya Sostenible” Planta Solar “ Asomada” en Cartaxena da cooperativa SomEnergia/Som Energia
Un modelo consolidado: máis de 200.000 persoas comprometidas
As entidades de finanzas éticas acadaron en España unha clientela de case 200.000 persoas e organizacións, marcando o terceiro ano consecutivo de crecemento e o nivel máis alto rexistrado desde 2018.
Ao longo da última década, os recursos xestionados e o crédito concedido reflicten a madurez do sector:
- 2.408 millóns de euros en aforro captado: un incremento do 35% nos últimos dez anos. Diñeiro de aforro garantido contra o financiamento de guerras, a industria armamentística ou a crise climática.
- 1.856 millóns de euros en préstamos: o volume de crédito destinado á economía real duplicouse nunha década.
- Alto ratio de transformación social: por cada 100 euros depositados en aforro, as entidades éticas destinan 77 euros directamente a financiar proxectos con impacto social e ambiental positivo.
Detrás destas cifras hai 10.861 proxectos da economía real financiados en todo o Estado, iniciativas que a miúdo non atopan encaixe nos criterios da banca convencional, enfocada na rendibilidade financeira a curto prazo.


Obras do local adquirido no centro de Barcelona polas cooperativas Sostre Cívic, Crític, Arç e Som Connexió / Sostre Cívic
A vivenda: o principal eixo de financiamento ético e sostible
En medio dunha crise habitacional acuciante, o sector da vivenda situouse como a principal prioridade da inversión ética en España, representando o 28,1% do crédito concedido (2.164 préstamos).
O modelo de banca ética non só financia ladrillo, senón comunidade, dereito á vivenda e sostibilidade. O financiamento volcouse en propostas como:
- Cooperativismo de vivenda en cesión de uso: Proxectos onde se evita a especulación, mantense a propiedade colectiva e os usuarios gozan duns dereitos de uso estables e alcanzables.
- Vivenda social e rehabilitación enerxética: Promocións destinadas a colectivos vulnerables e melloras de eficiencia en edificacións para reducir a pegada ecolóxica.
- Patrimonialización cooperativa: Proxectos onde entidades da economía social e solidaria adquiren as súas sedes para evitar subas abusivas de alugueiro e garantir a súa permanencia nos barrios.
Como sinalan desde iniciativas referenciais do cooperativismo de vivenda, o papel das finanzas éticas non só é coherente en valores, senón técnico e estrutural: permite entender esquemas de propiedade colectiva non especulativos que a banca tradicional ignora por non adaptarse ás lóxicas do endebedamento individual.


Vivenda cooperativa senior Walden XXI en Sant Feliu de Guíxols / Sostre Cívic
A paz e a transición ecolóxica como horizonte de inversión
Xunto á vivenda. O resto do crédito concedido polas finanzas éticas impulsa sectores clave para a sostibilidade e a xustiza social: o ámbito social (25,9%), a transición enerxética e o medio ambiente (case o 20%), ademais da cultura, a educación e a agroecoloxía.
Nun contexto global marcado polas rearmas e a incerteza xeopolítica, a máxima das finanzas éticas cobra máis forza ca nunca: asegurar á cidadanía que os seus aforros traballan pola paz, a inclusión e o planeta.



Vehículo eléctrico de uso compartido froito da colaboración entre as cooperativas Som Mobilitat, Balenyà Sostenible e o Concello de Balenyà
Reformas no local comprado polo Grupo Cooperativo Ecos na rúa Casp de Barcelona
Instalación fotovoltaica no tellado de equipamento municipal deBalenyà./Balenya Sostenible
Descobre o Barómetro completo.
