O próximo 16 de maio celebraremos en Vigo o momento máis importante na vida asociativa do banco: a asemblea de persoas socias de Fiare Banca Etica. Coma sempre, non vai ser só unha asemblea, senón que vai ser moito máis: unha completa fin de semana de actividades diversas cheas de interese, vinculadas ao noso banco.
Fin de semana de actividades
O venres 15 de maio pola mañá a Mesa de Socias de Referencia reunirase no emblemático pazo Baión, propiedade rústica confiscada á mafia pola acción da sociedade civil galega, especialmente de entidades como Érguete, asociación de nais galegas de drogodependentes, que loitaron desde os anos 80 contra o narcotráfico.
Precisamente Érguete e a entidade socia Libera -entidade socia e fundadora de Banca Etica, á que invitamos toda a fin de semana- estarán presentes pola tarde do mesmo venres, nun evento público dirixido a todas as persoas socias no Museo de Arte Contemporánea de Vigo, onde se presentarán ambas as entidades, e onde faremos un repaso da situación do narcotráfico en Galicia.

Natureza, comunidade e homenaxe
O sábado celebramos a asemblea formal na sala polivalente do Palacio de Congresos Mar de Vigo, que non por formal estará exenta dalgunhas sorpresas galegas. Pola tarde, xa máis relaxadas, colleremos un barco para dirixírmonos ao paraíso natural das illas Cíes onde, excepcionalmente e acompañadas por guías acreditados, faremos unha visita, cearemos, e realizaremos algunha actividade especial coas nosas compañeiras socias de Trece Grados.



Os eventos continuarán o domingo, cunha saída aos montes de Couso organizada polo GIT de Galicia Sur. Nesa entidade socia e financiada polo banco, poderemos parar un momento ante os restos da nosa querida Cachi, nunha homenaxe final que lle fai xustiza a ela e ás socias dunha cidade que desde hai 20 anos se entregou cunha paixón enorme por Fiare Banca Etica. Esperamos que esta asemblea devolva, aínda que sexa limitada e modestamente, toda a enerxía dedicada por este marabilloso territorio. Como lle gustaría a Cachi estar presente. Dalgún xeito o estará.
Grazas Vigo e grazas Cachi. Vémonos pronto.
Cando a economía se constrúe desde o territorio
20.02.2026
Fiare Banca Etica e Coop57 cofinancian a compra da sede do Grup ECOS
03.02.2026
O papel das finanzas na construción da paz
29.01.2026
Cando a banca ética se converte en fogar: unha ruta pola Barcelona que xa está cambiando as regras
28.01.2026
“Finanzas pola Paz”
14.01.2026
La Imprenta: cultura para transformar o mundo
11.12.2025