CAMPAÑA DE CROWDFUNDING «IMPACTO POSITIVO» | Fiare Banca Etica

CAMPAÑA DE CROWDFUNDING «IMPACTO POSITIVO»

Presentamos a primeira convocatoria de Crowdfunding «Impacto positivo» no eido da discapacidade, que lanzamos grazas á achega de Etica Funds,* que posibilita a promoción de proxectos de micromecenado.

Desde Fiare Banca Etica e mediante a colaboración con Goteo, desde 2018, promovemos campañas de micromecenado sobre proxectos de diversos ámbitos e temáticas que comparten o obxectivo de traballar polo ben común, consonte os valores do banco. De aí a presente convocatoria, que contén os seguintes elementos.

O tema

Esta convocatoria vai dirixida ao eido da discapacidade e ás súas familias co fin de apoiar organizacións que traballan na inclusión social e laboral das persoas e o apoio aos seus familiares.
As iniciativas que teñan que ver con mellorar as condicións de vida das persoas con discapacidade, reforzar o recoñecemento e a protección dos seus dereitos, promover a igualdade de oportunidades e, en definitiva, elevar o seu grao de inclusión e normalización sociais son as destinatarias desta convocatoria.

Achegas desde o grupo Banca Etica

  •     Incorporación dos proxectos seleccionados á canle Fiare de Goteo, colaborando na campaña de comunicación do proxecto e difundíndoo nas redes de entidades e persoas socias de Fiare Banca Etica.
  • Achega de 2500 euros por parte do fondo para o micromecenado complementaria á túa proposta, unha vez atinxas o 75 % do teu obxectivo de orzamento, sendo este dun mínimo de 8000 euros. A achega total do fondo ao conxunto de proxectos será de 10.000 euros.

Destinatarios

A convocatoria diríxese a entidades con calquera forma xurídica, aínda que se valorarán positivamente os proxectos presentados por entidades da economía social ou o terceiro sector, como cooperativas, asociacións, sociedades laborais, fundacións, empresas de inserción ou centros especiais de emprego.

Criterios de valoración dos proxectos

Os proxectos serán seleccionados por unha comisión interna segundo os seguintes criterios:
    • Orixinalidade e calidade xeral do proxecto.
    • Impacto social e ambiental.
    • Calidade do plan de comunicación da campaña.
    • Vinculación previa dos promotores con Fiare Banca Etica.
    • Sustentabilidade económica do proxecto.
    • Adhesión aos valores e obxectivos de Banca Etica, segundo o art. 5 dos Estatutos e do noso Manifesto.

Exemplos de proxectos a presentar

  •     Actividades relacionadas coa inserción laboral.
  •     Accións concretas para mobilizar a cidadanía pola mellora da calidade de vida das persoas con discapacidade e as súas familias.
  •     Proxectos educativos.
  •     Actividades para (e con) escolas e barrios.
  •     Accións de marketing e comunicación.
  •     Actividades de voluntariado e animación social.

Documentación a presentar co proxecto

  •     Proxecto en forma sintética (máximo 2 follas) con descrición do propoñente e a súa experiencia na actividade obxecto da campaña, referencia ás redes de persoas existentes relacionadas coa organización ou persoa propoñente, e referencia a entidades socias do proxecto.
  •     Orzamento ou plan económico-financeiro de previsión ou xestión dos gastos do proxecto, que conteñan o custo da campaña e das accións relacionadas con esta.
  •     Plan de comunicación ou documento explicativo das accións de soporte da campaña, co sistema de recompensas, actividades previstas en redes sociais ou no territorio de referencia, ou calquera elemento comunicativo que contribúa ao éxito da campaña.

Calendario

  • Candidaturas: do 16 de novembro até o 17 de decembro. Confirmarase a recepción da candidatura por correo electrónico.
  • Selección de propostas: decembro-xaneiro.
  • Lanzamento de campañas: mediados de xaneiro de 2022.

Descubre as bases da convocatoria e presenta o teu proxecto.

*Etica Funds é o nome comercial de Etica Sgr S.p.A., a sociedade de xestión de aforro que forma parte do Grupo Banca Etica.

Preto de Fiare, preto de ti.