Preguntas frecuentes - Banca online
- Cal é o teu usuario e contrasinal de acceso a Banca Internet?
- Como accedo por primeira vez á Banca Internet?
- E se esquezo o meu usuario? Como podo recuperalo?
- E se esquezo ou bloqueo o meu contrasinal de acceso?
- Como podo mudar o meu contrasinal de acceso?
- Como recupero o contrasinal en caso de perda ou bloqueo?
- Que é a chave de sinatura?
- E se quero modificar a miña chave de sinatura?
- E se esquecín a miña chave de sinatura?
- Que é o pin telefónico?
- Como podo xestionar unha cotitularidade?
Cal é o teu usuario e contrasinal de acceso a Banca Internet?
- O Usuario é un código alfanumérico único (con formato FIXXXXXX) non-modificable (sempre é o mesmo) que recibes no momento da apertura da conta corrente. É necesario para acceder á banca en liña.
- O contrasinal de acceso tamén o recibirás no momento da apertura da conta, mais este si terás que modificalo no primeiro acceso á túa banca en liña.
Ambos os códigos (usuario e contrasinal), xunto co teu número de identificación (DNI ou NIE), serán precisos para o acceso á túa banca por internet.
Como accedo por primeira vez a Banca Internet?
Cumprindo coa normativa de seguridade europea PSD2, desde o 14-09-2019, no primeiro acceso que fagas a Banca Internet, ademais de introducir o teu contrasinal, tamén deberás introducir un código SMS que enviaremos ao teu móbil.
Este proceso repetirase, por seguridade, cada tres meses, con independencia de que accedas ou non habitualmente á túa banca en liña.
E se esquezo o meu usuario? Como podo recuperalo?
Debes contactar connosco por vía telefónica no teléfono gratuíto 900 897 963.
Horario: de luns a venres, de 8 a 13:30 e de 14:30 a 17.
E se esquezo ou bloqueo o meu contrasinal de acceso?
Se non lembras o teu contrasinal, preme esta ligazón para recuperar o contrasinal.
Se bloqueaches o contrasinal e daquela tamén o teu usuario, preme esta ligazón se se che bloqueou o usuario.
Se precisas axuda, contacta connosco no teléfono gratuíto 900 897 963. Horario: de luns a venres, de 8 a 13:30 e de 14:30 a 17.
Como podo mudar o meu contrasinal de acceso?
Se desexas modificar o contrasinal de acceso, pódelo facer dentro da túa Banca Internet, no menú Servizos > Cambio de chaves > Cambio de contrasinal.
Que é a chave de sinatura?
É un código numérico de 6 cifras que recibirás por sms no momento da apertura da conta e que che ha permitir asinar todas as operacións que realices a través da túa Banca Internet. Por exemplo: envío de transferencias, contratación de depósitos a prazo, activación de alertas etc.
E se quero modificar a miña chave de sinatura?
Se desexas modificar ese código, pódelo facer dentro da túa Banca Internet, no menú Servizos > Cambio de chaves > Cambio de chave de sinatura.
E se esquecín a miña chave de sinatura?
Se esqueciches a chave de sinatura, pódela recuperar dentro da túa Banca Internet, no menú Servizos > Cambio de chaves > Solicitude de chave de sinatura.
Que é o pin telefónico?
O pin telefónico é un número de 4 díxitos que recibirás xunto co contrasinal de acceso a Banca Internet no momento da alta como cliente.
Serve como número de acceso á Banca Telefónica, servizo telefónico no que poderás realizar algunhas (non todas) as operacións do mesmo xeito que o farías na Banca Internet e que ademais che ofrecerá soporte técnico para as túas operacións e consultas a través da túa banca en liña. Trátase dun servizo que ofrece o noso provedor externo informático.
O teléfono de Banca Telefónica é 913 346 780 e o horario de atención é de luns a sábado de 8:00 a 22:00.
Como podo xestionar unha cotitularidade?
O proceso de alta nunha conta corrente é dun único titular. Unha vez creada a conta, se desexas incorporar outro titular á mesma, só poderá ser de forma presencial.