A vivenda consolidouse como un dos principais problemas sociais en España, especialmente en territorios como Madrid. Desde Fiare Banca Etica impulsamos un espazo de reflexión que vai alén do mercado inmobiliario para abordar a vivenda como un dereito fundamental.
O vindeiro 27 de novembro de 2026 ás 19:00, no Círculo de Bellas Artes-Sala María Zambrano, celebraremos este encontro: unha xornada de diálogo con voces expertas que analizan o problema desde unha perspectiva social, política e estrutural.
Un debate necesario
O acceso a un fogar digno converteuse nun dos grandes retos do noso tempo. Fronte á escalada dos prezos e a lóxica especulativa do mercado, preguntámonos: como construír solucións reais, xustas e sostibles?
Abordaremos este desafío xunto a dous referentes na defensa do dereito á vivenda e a innovación social:
- Gema Gallardo, codirectora xeral de Provivienda, entidade sen ánimo de lucro que desde 1989 traballa para lles asegurar unha vivenda digna e adecuada a todas as persoas, especialmente ás que sofren maior vulnerabilidade.
- David Guàrdia, codirector de Sostre Cívic, cooperativa pioneira no impulso e xestión de vivenda cooperativa en cesión de uso á marxe da especulación inmobiliaria.
Moderará o encontro Lucía Gómez da Fundación Finanzas Éticas.
Un espazo para cuestionar as regras do mercado actual e demostrar, desde a economía social e as finanzas éticas, que poñer a vivenda ao servizo das persoas non só é necesario, senón viable.
Información do evento
Data: 27 de novembro de 2026
Hora: 19 h
Localización: Círculo de Bellas Artes -Sala María Zambrano
Enderezo: C. Alcalá, 42, Centro, 28014 Madrid
