GIT Galiza Sur
Por ti, por nós e polas que virán. Xa van máis de 10 anos e seguimos con ganas de máis. Chega un importante para todas as persoas socias da Galiza Sur, chega unha nova Asemblea Local. Celebrarémola en Vigo, o vindeiro 23 de novembro nos locais da Fundación Proclade (R/Honduras, 7).
Gustaríanos verte. Gustaríanos poder charlar contigo. Poderíamos dicir que vai ser unha como tantas, pero a realidade é que este ano celebramos por todo o alto un gran punto e seguido. O actual equipo do GIT cumple un novo trienio e toca renovación. Ánimaste? Todas temos cabida, desde a persoa que dispón dunha horiña ao mes ata a que quere coordinar. Escríbenos un correo para sumarte ao equipo.
Orde do día:
- 10:30 – Acollida.
- 11:00 – 10º Aniversario Fiare Banca Etica (proxección do documental conmemorativo + debate)
- 11:45 – Aquí Estamos! (Alberto Mínguez, Director Contac Center + Aleksei Nogueira, RRAA)
- 12:15 – Imos a por todas! (Renovación Equipo GIT)
- 12:30 – Xuntas podemos! (dinámica a cargo de Alalá Cooperativa)
- 14:00 – Xantar compartido (Aporta un pequeno petisco para seguir conversando mentres repoñemos forzas)
Para facilitar a organización da xornada rogamos nos confirmes a túa asistencia no seguinte formulario.