Xa falamos en anteriores entradas deste blog sobre Salvamento Marítimo Humanitario (SMH), unha entidade socia e cliente de Fiare Banca Etica que cumpre agora 10 anos realizando un labor exemplar no mar Mediterráneo. Durante esta década SMH contou con financiamento do noso banco para levar a cabo as súas actividades de rescate e asistencia humanitaria.
Desde o seu inicio en novembro de 2015 na illa grega de Quíos, como resposta directa á crise provocada pola guerra en Siria, SMH mantivo un compromiso constante coa defensa dos dereitos humanos. A bordo do Aita Mari, o seu barco de rescate, a organización converteu a solidariedade nunha práctica cotiá e nun símbolo de esperanza en mar aberto.

Nas cinco últimas misións, o Aita Mari percorreu máis de 20.000 millas náuticas e asistiu 454 persoas, entre elas 30 mulleres e 66 menores de idade. Cada operación de rescate representa moito máis ca unha cifra: é a defensa dun universo de historias, vidas e futuros posibles.
Con motivo deste 10º aniversario, SMH lanza unha nova campaña de financiamento colectivo para garantir a continuidade das misións de rescate do Aita Mari durante 2026. A campaña está dispoñible na canle de Fiare Banca Etica na plataforma do noso socio GOTEO, e podedes acceder a ela aquí.

Énchenos de orgullo sabermos que, grazas ao diñeiro das nosas persoas clientas, podemos financiar e acompañar proxectos coma os de SMH, que loitan cada día pola dignidade e os dereitos das persoas.
Parabéns, Aita Mari, por estes 10 anos de compromiso e humanidade!
Finanzas con alma e sabor a mar: a inesquecible travesía de Fiare ás Illas Cíes
Galicia pon as finanzas éticas sobre a mesa
A asemblea de socios e socias de Fiare Banca Etica aproba o balance e renova o Comité Ético
Construíndo alternativas: Como derrotar as mafias desde a ética
Balance 2025: como se utilizaron os beneficios?