O sábado 16 de maio, os socios e as socias do banco reuníronse en asemblea en Vigo, Ancona (Italia) e en liña a través de transmisión en directo. A asemblea aprobou o balance de 2025, o cal reflicte a boa marcha do crecemento de Banca Etica: Os créditos a persoas, empresas e organizacións creceron un 8,3% respecto ao ano anterior, nove veces máis ca a media do sistema bancario.
A confianza dos aforradores cara ás finanzas éticas séguese consolidando: a captación directa alcanzou os 2.812 millóns de euros (+7,8% respecto a 2024, fronte ao +2% do sistema). O Grupo Banca Etica pechou o exercicio cun beneficio neto consolidado de 12,2 millóns de euros (10,5 millóns de euros correspondentes unicamente á entidade matriz). O capital social segue medrando e, a día de hoxe, superou o significativo fito dos 100 millóns de euros, o que permite a Banca Etica mellorar os seus índices de solidez patrimonial, cun ratio TCR do 24,78% e un ratio CET 1 do 20,96%.
Os socios e as socias votaron para a renovación do Comité Ético, o órgano independente que vixía para que a actividade do banco respecte os principios das finanzas éticas. Este garante que o financiamento e os investimentos apoien proxectos sociais, ambientais e de cooperación, promovendo a inclusión financeira. O novo Comité Ético de Banca Etica, que estará en funcións durante os vindeiros 3 anos, está composto por:
- Barbieri Roberto Enrico
- Feruglio Francesca
- Guarascio Carmela
- Martínez Contreras Francisco Javier
- Peliti Giuditta
- Sánchez González Ana Delia
- Villano Francesco
O convidado de honra da asemblea de Banca Etica —que se abriu cun minuto de silencio en solidariedade coas demasiadas vítimas das guerras en curso— foi Monseñor César Essayan, vicario de Beirut dos Latinos, quen achegou o seu testemuño sobre a dramática crise no Líbano, as perspectivas de paz e a necesidade dunhas finanzas desarmadas:
«Despois de 5 anos de guerras, crises socioeconómicas, destrucións e, sobre todo, mortes, é hora —a pesar da guerra en curso— de berrar «Basta!». Xa non queremos acompañar a supervivencia. Debemos facer posible a vida porque vimos a persoas erguerse, vimos a esperanza reavivarse. Pero hoxe a pregunta xa non é só que podemos facer: é que queremos cambiar de verdade».
Nos vindeiros días publicaranse os datos analíticos coas cifras da participación no voto na sección correspondente da páxina web. Desexamos un bo traballo ás persoas elixidas para o Comité Ético e dámoslles as grazas a elas e a todas as persoas socias en Italia e en España pola súa participación e o seu compromiso constante no crecemento do proxecto de Banca Etica.
¡Ata a próxima asemblea!
Finanzas con alma e sabor a mar: a inesquecible travesía de Fiare ás Illas Cíes
Galicia pon as finanzas éticas sobre a mesa
Construíndo alternativas: Como derrotar as mafias desde a ética
Balance 2025: como se utilizaron os beneficios?
Comezar de cero non significa estar só