O sábado 17 de maio celebrarase en Madrid a Asemblea de Socios de 2025, un acto clave para a vida democrática e asociativa do banco. A Asemblea réxese polo principio de “unha socia, un voto”.
Pero a Asemblea é moito máis que un espazo de toma de decisións: tamén é unha oportunidade para compartir, socializar e gozar dunha fin de semana chea de actividades culturais e de encontro.
Programa de actividades
Venres 16 de maio
O acto comezará coa proxección de “Marco, a verdade inventada”, unha película galardoada en dúas ocasións nos premios Goya; que explora os límites entre a verdade e a mentira a través da historia de Enric Marco.
Seguirá unha mesa redonda “As noticias falsas son unha ameaza para a democracia?”, moderada por Pere Rusiñol e na que participarán Soledad Alcaide, Defensora do Lector de El País, e Ignacio Sánchez-Cuenca, catedrático de Ciencias Políticas da Universidade Carlos III de Madrid.
Para pechar a xornada, os socios reuniranse para cear na 4ª planta do Colexio de Arquitectos Técnicos de Madrid.
Sábado 17 de maio
09:00 h Inscrición previa á asemblea: Auditorio Pablo VI.
10:00 – 13:30 h Celebración da Asemblea 2025.
13:30 h Catering para os asistentes.
Pola tarde, podes escoller entre tres percorridos culturais por Madrid:
- 17:30 h Visita guiada á colección principal do Museo do Prado.
- 17:45 La Liminal – Ruta por Carabanchel, percorrido pola transformación do barrio dende as súas orixes ata a actualidade, incluíndo espazos de represión e memoria histórica, que remata no lugar da antiga prisión de Carabanchel.
- 18.00 h Campus Batalla: A Universidade en Guerra, un paseo histórico que percorre os restos e monumentos da Batalla de Madrid (1936), conxugando arqueoloxía, natureza e memoria.
Para finalizar a xornada celebrarase un acto cultural na Casa de Zamora (calle das Tres Cruces, 12), seguido dunha cea para os socios do banco.
Domingo 18 de maio
Se o sábado non puideches participar nalgunha actividade cultural, terás outra oportunidade para escoller:
- 10:00 h. La Liminal – Ruta por Carabanchel (mesmo percorrido que o sábado).
- 10:00h Campus de Batalla: A Universidade en Guerra (mesmo percorrido que o sábado).
Agardámosvos en Madrid para unha fin de semana de encontros, cultura e participación!
Comezar de cero non significa estar só
09.04.2026
Por que unhas historias chegan ao cine… e outras non?
20.03.2026
Alén do ladrillo: construído o dereito á vivenda no século XXI
19.03.2026
Como Una Cabra: emprendemento feminino que sostén o medio rural
10.03.2026
A paz é a única inversión posible: a elección do Grupo Banca Etica
09.03.2026
Finanzas feministas: un camiño colectivo para poñer a vida no centro
05.03.2026