Os días 14 e 15 de decembro, arredor de 20 membros de Jóvenes x Fiare, viaxamos a Padova, cidade italiana onde se atopa a sede da Banca Popolare Etica. O motivo da viaxe non foi outro que coñecer a outros mozos/as italianos/as membros/as de Banca Etica que estaban interesados/as en crear un grupo semellante ao español pero en Italia.
Durante estes días realizamos diferentes actividades para coñecernos: adhesivos con palabras de autodefinición, preguntas en español e italiano con antecedentes de banca ética… E tamén, en grupo, visitamos a sede do banco a través dunha gymkhana relacionada cos valores do banco.
Entre as actividades destacaría a presentación do grupo JóvenesxFiare, de FEBEA polo seu secretario xeral Daniel Sorrosal e de Cresud por Gabriele Giuletti. Nestas presentacións puidemos afondar na orixe do noso grupo e no seu posterior desenvolvemento; tamén para coñecer máis a fondo todas as posibilidades que FEBEA ofrece ao grupo e coñecer un pouco mellor como funciona outra parte do grupo Banca Etica, Cresud, e a súa actividade en relación ao microfinanciamento a través de contrapartes dos países do sur global. Tamén tivemos a sorte de contar coa intervención de Anna Fasano, presidenta de Banca Etica, que nos recibiu na sede.
Na viaxe tampouco nos puidemos esquecer da gastronomía italiana. Mesmo houbo tempo para gozar dos pratos da cociña árabe, aínda que o mellor das comidas foi a xente coa que puidemos compartilos.
O encontro rematou o venres día 15 pola tarde, momento de despedida italo-española coa expectativa de que se cree o grupo de mozos italianos da Banca Etica. Esa mesma tarde percorremos Padova mentres se sucedían as despedidas. Ao día seguinte, viaxamos a Venecia e puidemos descubrir algúns lugares da cidade mentres seguimos coñecéndonos e compartindo.
Este espazo de encontro permitiunos comprtir experiencias e promover un ambiente dinamizador para promover actividades dos socios máis novos para dar a coñecer as finanzas éticas. Buscar puntos de apoio entre nós en temas que nos preocupan é marabilloso, para poder chegar tamén a outras persoas con inquietudes similares.
Informe de impacto: un reflexo dos nosos principios
23.09.2024
100 millóns de crédito para as pequenas e medianas empresas da economía social
15.07.2024
Valencia: Tradición, Cultura e Compromiso polas Finanzas Éticas
30.05.2024
As accións de Banca Etica incrementan o seu valor un 20 % en preto de quince anos
22.05.2024
Máis de 59 millóns en empréstitos á economía social
29.04.2024
Cambia á banca ética sen complicacións
08.04.2024