TAMAÑO DEL TEXTO
ALTO CONTRASTE (LUZ)
ALTO CONTRASTE (OSCURO)
FUENTES ACCESIBLES
icon-git

GIT Galiza Sur

Proxección do Documental “La Singla”

Grazas! Esa foi a palabra máis repetida durante toda a xornada. Grazas ás case 150 persoas que acudiron a cita, grazas ao Secretariado Xitano pola participación e colaboración nun acto conxunto que permitiu aos asistentes ver unha realidade ás veces oculta, grazas ao grupo local de persoas socias de Fiare polo esforzo realizado para abrir o banco e outros proxectos afíns á cidadanía, grazas a Fiare Banca Etica pola axuda prestada na súa organización.

 

As expectativas non eran poucas. Queríamos saírnos do formato “habitual”; facernos visibles ante a base social, que viran que o proxecto está activo, que se pensa nelas e que gozamos cada vez que participanporque a ocasión realmente mereceuno. Había moitas esperanzas postas neste acto, moito esforzo feito para que todo o mundo se enterase e acudise a cita. Buscábamos traballar en rede, colaborar con outros colectivos sociais, aproveitar as sinerxias, apoiarnos mutuamente para que a nosa mensaxe chegue á cidananía.

 

A escusa? Un documental sobresaínte que tocou a fibra de todas as asistentes. La Singla, documental dirixido por Paloma Zapata e producido por “La Fábrica Naranja” (entidade financiada por Banca Etica), conta a historia de Antonia Singla, unha nena xitana xorda, que aprende a bailar seguindo os movementos das palmas e as vibracións dos instrumentos. Esta historia de superación serviu para coñecer unha dura realidade, pero tamén para facernos conscientes de que si existen alternativas que merecen a pena porque nos axudan a crecer como sociedade máis xusta.

 

Non perdades a seguinte, esperámosvos!

Puede que también te interese

Historias de impacto positivo

Lidiar con las adicciones sin prejuicios: Proyecto Hombre Granada

Publicado el:
16/06/2025