TAMAÑO DEL TEXTO
ALTO CONTRASTE (LUZ)
ALTO CONTRASTE (OSCURO)
FUENTES ACCESIBLES
icon-git

GIT Galiza Norte y Asturias

I Encontro de Economía Alternativa e Solidaria de Galicia: Intercooperar!!

Desde a Rede de Economía Alternativa e Solidaria REAS Galicia invítannos o sábado 23 de xaneiro en Ordes ao I Encontro de Economía Alternativa e Solidaria de Galicia, que baixo o lema “Intercooperar!!”  ten por finalidade darlle visibilidade e coñecer directamente ás persoas que forman parte do sector; creando ou revitalizando espazos de intercooperación. O encontro terá lugar o próximo 23 de xaneiro na Praza de Abastos de Ordes.

Entre todas as persoas participantes conseguiremos que haxa tempos para:

  • Pasear entre os “Pequenos Stands Informativos”.
  • Darse a coñecer no “ReAScuncho” micropresentacións de experiencias (no que ofertar, demandar, dar e recibir).
  • Facer contactos nas Mesas de traballo.

O evento vai dirixido preferentemente a todas as entidades da economía social, alternativa e solidaria de Galicia que queiran darse a coñecer ou achegarse a ver o que se está facendo ou o que se pretende facer por estes lares a medio prazo. Achegamos o programa previsto.

Apoian o evento REAS Red de Redes (estatal) e doutros territorios (REAS Euskadi, Navarra, Andalucía, Baleares…) ademais das cooperativas Xeira Consultora, Bico de Grao, Cestola na Cachola, Ítaca Software Libre, Os Anxos, Coop57 GZ; e tamén a Federación de Cooperativas SINERXIA, Albergue de Tronceda ou Mermeladas A Sazón, como entidades que conforman actualmente REAS Galicia…

O evento é GRATUÍTO e polo aforo limitado darase prioridade as entidades inscritas, o prazo para facelo remata o 15 de xaneiro. 

Para a inscrición e máis información:  secretariareasgz@gmail.com

Se non sabes como chegar á Praza de Abastos de Ordes pincha aquí: https://goo.gl/maps/PrazaAbastosOrdes

Puede que también te interese

GIT Galiza Sur

Feira do Mercado Social

Publicado el:
23/04/2024

GIT Galiza Sur

Pase do Documental “La Singla”

Publicado el:
26/03/2024

GIT Galiza Norte y Asturias

Encontro GIT Fiare Banca Etica – Área de Compostela

Publicado el:
15/02/2023

GIT Galiza Norte y Asturias

Fiare Banca Etica en BioCultura Coruña 2022

Publicado el:
02/03/2022

GIT Galiza Norte y Asturias

Webinario: Tranformando a realidade grazas ao capital social

Publicado el:
18/04/2021

GIT Galiza Norte y Asturias

Encontro coa Rede Portuguesa de Economía Solidaria

Publicado el:
13/10/2020