TAMAÑO DEL TEXTO
ALTO CONTRASTE (LUZ)
ALTO CONTRASTE (OSCURO)
FUENTES ACCESIBLES
icon-git

GIT Galiza Norte y Asturias

Presentación de La Colmena: fondo mútuo para a reactivación da economía solidaria

Presentación: O martes 10 de novembro ás 20h. realizaremos a presentación deste fondo mútuo La Colmena, e un encontro coas entidades galegas apoiadas por este proxecto xunto coa Fundación Finanzas Éticas e o GIT Galiza Norte-Asturias de Fiare Banca Ética. Realizarase de maneira virtual a través da plataforma Meet de Google, na que nos poderemos conectar e participar desde: https://meet.google.com/bcu-fxng-tio

A Fundación Finanzas Éticas, conxuntamente con REFAS e outras redes, impulsa o Fondo Común de Apoio Mútuo La Colmena. A través dunha plataforma web, organizacións e persoas poden apoiar economicamente a 20 pequenos proxectos da Economía Social e Solidaria seleccionados do ámbito rural, impulsados por mulleres, implicados en sectores de actividade fortemente prexudicados pola crise, para que estes podan afrontar os retos que plantexa esta nova realidade para que ninguén quede atrás.
Apoia mediante doazóns, recompensas e tarxetas regalo!

A Fundación Finanzas Éticas realizou unha aportación inicial para estes proxectos, agora, até o mes de xaneiro, está aberta á captación de axudas persoais para financiar os 20 proxectos presentes nesta primeira edición de La Colmena. As aportacións poden realizarse de tres maneiras diferentes:

  •  doazón, 
  • doazón con vale agasallo para comprar nalgún dos proxectos e
  •  doazón con agasallo da fundación a escoller entre dous proxectos

Fai a túa aportación: https://finanzaseticas.site/home/tienda/

Tres dos proxectos seleccionados son galegos:
Dous seleccionados polo Peto e un seleccionado por Fiare Banca Ética:

Puede que también te interese

GIT Galiza Sur

Feira do Mercado Social

Publicado el:
23/04/2024

GIT Galiza Sur

Pase do Documental “La Singla”

Publicado el:
26/03/2024

GIT Galiza Norte y Asturias

Encontro GIT Fiare Banca Etica – Área de Compostela

Publicado el:
15/02/2023

GIT Galiza Norte y Asturias

Fiare Banca Etica en BioCultura Coruña 2022

Publicado el:
02/03/2022

GIT Galiza Norte y Asturias

Webinario: Tranformando a realidade grazas ao capital social

Publicado el:
18/04/2021

GIT Galiza Norte y Asturias

Encontro coa Rede Portuguesa de Economía Solidaria

Publicado el:
13/10/2020