GIT Galiza Norte y Asturias
Pasada a Asemblea de Barañáin achegábanse datas sinaladas (Noiteboa, Nadal….) e as fiareiras do GIT Galiza Sur non podiamos deixar pasar a ocasión de repasar as últimas novidades e coller forzas para o vindeiro ano.
E nunca mellor dito, aproveitando o ofrecemento da Sabe e do Migue, un puñado de fiareiras vímonos na súa casa ao redor dunha máis que abundante mesa. Doce, salgado, vexetariano….. como en Fiare, a diversidade foi novamente síntoma de fortaleza e de unión.
A pesares de importantes ausencias, o bo grupiño que nos xuntamos fixemos un repaso ao vivido na asemblea de Barañain e comenzamos a debuxar algunha idea cara o 2016 que está a pouco de estrearse. O novo regulamento electoral, os cambios na estrutura socio-ambiental, o esperado lanzamento das tarxetas….. Varios foron os temas que abordamos, con gañas de seguir avanzando, de mellorar, pero sobre todo coa idea de seguir sumando fiareiras que nos axuden a TECER REDE.
No GIT Galiza Norte tampouco fomos menos e tivemos reunión dúas semanas antes da Asemblea Extraordinaria e despois do gran encontro interGIT galego do mes de outubro para reorganizarnos nós e as vindeiras actividades a ter e reestrutar as nosas responsabilidades e tarefas de cara aos novos cambios que conxecturabamos serían coñecidos en Barañáin. A xuntanza foi moi frutífera a pesar tamén do reducido número das persoas presentes por coincidir con outros moitos encontros.
Achégate ás vindeiras xornadas de difusión e traballo que terán lugar en breve!
Se queres coñecer máis do que supón Fiare Banca Etica e ter algunha información sinxela do noso Balance Social podes consultalo a través de www.fiaregz.com (columna da dereita) ou no documento en pdf que engadimos neste artigo.